Publicador de contidos

Publicador de contidos

Éxito total do Arde Lucus, de participación e de beneficios económicos

Éxito total do Arde Lucus, de participación e de beneficios económicos

A cidade dobra o seu número de habitantes na fin de semana en que se celebra a XXIV edición da festa de recreación histórica dos primeiros séculos

G24.gal 15/06/2025 21:15

Como era de esperar, o Arde Lucus pecha a súa vixésimo cuarta edición cun éxito total, tanto de público coma de participación nas actividades, nunha cidade que nesta fin de semana recibe tantas visitas que practicamente duplica a súa poboación.

Con máis ganas de Arde Lucus, este era o ánimo de todos aos que lles preguntamos que tal o pasaran nestas festas.

Dende o xoves que empezou a celebración coa chegada dos romanos atravesando a ponte, a festa non parou en Lugo. Un festexo que se caracteriza, sobre todo, pola involucración da veciñanza e tamén a dos turistas.

Vinte e catro edicións xa, e cada ano o Arde Lucus sorprende con algunha novidade.
Rosana Rielo foi unha das máximas organizadoras desta festa cando comezou, dende a segunda ata a décima edición. E non lle sorprende o éxito acadado. "Era unha aposta segura", di.

Agora un dos máximos organizadores do Arde Lucus é Jorge Bustos, concelleiro de Xuventude de Lugo, quen confirma que o éxito da festa medra en cada nova edición.

Á espera de coñecer os datos exactos, pódese falar de hoteis practicamente cheos, de máis de dous millóns de euros de retorno e dunha cidade que dobra a súa poboación nesta fin de semana.

Agora o reto está en volver sorprender o ano que vén, cando se celebra a vixésimo quinta edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar