Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tiro á ra converteuse nunha auténtica afección en Guitiriz, xurdida durante a pandemia

O tiro á ra converteuse nunha auténtica afección en Guitiriz, xurdida durante a pandemia

Acaban de crear un club nesta localidade

A actividade comezou logo do coronavirus, para animar aos veciños a saír e participar en actos o aire libre

Xurdiu dunha xornada dedicada aos xogos tradicionais, onde viron que este era o que máis éxito tiña entre maiores e pequenos

G24.gal 18/06/2025 20:40

Explica un dos afeccionados ao tiro á ra que a mesa "está situada a uns tres metros e o furado é xustiño. Se non vai exactamente non entra."

Tan sinxelo coma parece, pero tan difícil de acertar cando se intenta. Así é o tiro da ra. En Guitiriz callou e deu lugar a un club. A alcaldesa, Marisol Morandeira, indica que "é unha actividade lúdica, pero tamén para socializar".

Este mércores celebrouse a final, logo dun mes disputando partidas.

Un dos participantes asegura que "hai moita tensión porque estamos moi igualados"; outra manifesta que "non teño unha técnica moi boa porque de momento non acertei nada" e unha terceira di que "é cuestión de sorte". Un cuarto xogador comenta que "hai moita rivalidade", se ben reina sobre todo a amizade.

Aínda así, é o compañerismo o que preside este club da ra de Guitiriz. A actividade comezou logo do coronavirus, para animar aos veciños a saír e participar en actos o aire libre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos