Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tarde de xogos tradicionais en Muimenta

Tarde de xogos tradicionais en Muimenta

Este ano celebráronse campionatos de billarda, tira-pedras e lanzamento de boina

G24.gal 01/06/2025 21:02

No concello de Cospeito, na localidade de Muimenta levan dezasete anos defendendo os xogos tradicionais e celebrándoos cunha festa na que tamén hai campionatos de billarda, lanzamento de boina e tira-pedras.

Por iso a tarde deste domingo en Muimenta tivo un sabor diferente. Moitos dos seus veciños deixaron o sofá e xuntáronse ao pé da igrexa para compartir xogos. Os zancos, a tarabela ou o aro son algúns deles.
En total ofrecéronse corenta enredos diferentes, enredos que se foron recuperando grazas ao labor que comezou Kiko, un veciño do lugar ao que, segundo as súas palabras, sempre lle gustou argallar.

El e mais outros veciños de Cospeito crearon en 2009 a Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta, un proxecto que involucra unha decena de persoas dispostas a viaxar case que a calquera recuncho para aprenderlle a xente a xogar como se xogaba antano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade