Cargando resultados...
A comunidade galega en Bos Aires está a celebrar o Día de Galicia
Son moitos os galegos que emigraron de pequenos e que estes días se reúnen para reivindicar a nosa cultura e tradicións
Actuación durante o acto de celebración da Comunidade Galega en Bos Aires
G24.gal
28/07/2025 09:16
O Día de Galicia celébrase tamén no exterior. Son moitos os galegos que emigraron de pequenos e que estes días se reúnen para reivindicar a nosa cultura e tradicións.
Fálase de Bos Aires como a quinta provincia de Galicia. E notouse nesta romaría que reuniu centos de persoas da comunidade galega na Arxentina. A maioría, galegos que emigraron cando aínda eran pequenos.
Entre os asistentes tamén moita xente nova e artistas que continúan coas tradicións.
O Día de Galicia tamén se celebrou noutros lugares de América Latina, como Chile.