Nunha cafetería de Ourense sortean unha cesta de Nadal de balde ao día
Por cada consumición dan de balde ao cliente unha papeleta para o sorteo
Unha cafetería de Ourense agasalla 60 cestas de Nadal. É unha tradición de hai anos que a súa clientela agarda con ilusión. Con cada consumición danlles unha papeleta de balde, se os números coinciden co sorteo da ONCE diario levan o lote de produtos para a casa.
Na cafetería Novelty sortean unha cesta ao día. Con turróns, viños, champaña, embutido ibérico, e tamén conservas, bombóns, doces... Todo isto leva a cesta que cada día sortean nesta cafetería do barrio ourensán de Mariñamansa. 60 en total agasallan entre a súa clientela.
Un esforzo económico para o propietario desta cafetería do bar do Couto pero que, di, compensa porque fideliza á clientela. As papeletas danas de balde con cada consumición. Se as cifras cadran coas últimas do sorteo da ONCE, premio!
A clientela, encantada con esta tradición de xa hai anos. Este ano empezaron a principios de novembro e rematan a finais de decembro. Haberá que tomarlle outra. Cantas máis consumicións, máis posibilidades de levar a cesta de Nadal para a casa.