Publicador de contidos

Publicador de contidos

Doce comunidades están en aviso amarelo por treboadas, entre elas, Galicia

Doce comunidades están en aviso amarelo por treboadas, entre elas, Galicia

Nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra estímanse acumulados de 15 litros e tormentas que poderán ir acompañadas de sarabia

Con aviso amarelo non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, aínda que si para algunha actividade concreta ou localización 

Treboadas en Vigo Treboadas en Vigo
G24.gal 09/05/2026 11:03

Doce comunidades autónomas atópanse este sábado en aviso amarelo por precipitacións, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

En Galicia, as provincias de Pontevedra e A Coruña e zonas específicas de Ourense e Lugo están en alerta amarela por tormentas. Estes fenómenos poderán ser localmente fortes e estar acompañadas de saraiba, segundo recolle Meteogalicia.

En total, 236 localidades das catro provincias estarán afectados pola alerta, que durará entre as 15:00 e 21:00 horas. No caso de Ourense, as tormentas produciranse no noroeste, o sur e a zona do Miño; e, en Lugo, nos municipios da Mariña.

Pola súa banda, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) engade que o aviso comportará choivas que provocarán precipitacións acumuladas nunha hora de 15 milímetros. Ademais, este servizo estende a alerta á montaña de Ourense.

Resto de comunidades

Na Comunidade Valenciana prevese choiva con acumulados de entre 20 e 30 litros por metro cadrado nunha hora e 60 en doce horas, a partir da tarde, e tormentas, que na provincia de Alacante poderán ir acompañadas de saraiba miúda.

Cádiz, Huelva e Sevilla están en aviso amarelo en Andalucía por choiva, con acumulados de 15 litros por metro cadrado nunha hora nalgunhas zonas, e tormentas que poderán ir acompañadas de saraiba miúda ocasional. Fenómenos que se presentarán a partir da tarde.

En Asturias, prevense pola noite choivas con acumulados de 15 litros nunha hora na cordilleira Cantábrica e os Picos de Europa, e tormentas que poderán ir acompañadas de saraiba e refachos de vento moi fortes.

No arquipélago balear, a choiva afectará a partir da tarde a todas as illas, con acumulacións de 20 litros nunha hora, e as tormentas rexistraranse nalgunhas zonas na tarde deste sábado, e irán acompañadas de ventos de 40 a 50 km/h, con forza 6 e ondas de dúas a tres metros.

En Cantabria, a choiva, con acumulados de 15 litros, afectarán o litoral, Liébana, centro, val de Villaverde e a área do Ebro, zonas onde as tormentas se poderán presentar con saraiba e refachos de vento moi fortes a partir das nove da noite.

Nalgunhas zonas de Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Valladolid e Zamora prevense choivas (con acumulados de entre 15 litros nunha hora e 40 en doce horas) e tormentas con refachos localmente moi fortes de vento e posible saraiba na noite.

Igualmente, en Castela-A Mancha, algunhas zonas de Cuenca, Guadalaxara e Toledo veranse afectadas na noite por choiva, con precipitación acumulada nunha hora de 15 litros e tormentas que poderán ir acompañas de sarabia miúda e algún refacho de vento moi forte.

En Cataluña, Tarragona será a provincia máis afectada polas choivas, con acumulados de entre 15 e 20 litros nunha hora a partir da tarde.

Na provincia estremeña de Cáceres tamén se prevén choivas, e tormentas con refachos moi fortes de vento e e posible saraiba a partir de media noite.

Na serra madrileña, a área metropolitana e Henares prevese tamén choiva con acumulados de 15 litros nunha hora a partir das dez da noite, precipitacións que poderán ir acompañadas de saraiba miúda e algún refacho de vento moi forte.

Na Rexión de Murcia, a Vega do Segura, o Campo de Cartaxena e Mazarrón rexistrarán choiva que irá acompañada de tormenta.

Segundo a Aemet, con aviso amarelo non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, aínda que si para algunha actividade concreta ou localización de especial vulnerabilidade, como unha gran conurbación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade