O barco do hantavirus chega a Tenerife e prepárase para baixar a pasaxe
O buque chegou este domingo ao peirao de Granadilla, arredor das 6:00 horas
O barco continuará viaxe cara aos Países Baixos co corpo da persoa falecida e parte da tripulación
O barco MV Hondius no porto de Granadilla. REUTERS/Pedro Nunes.
España afronta unha complexa operación internacional en Tenerife para evacuar con todas as garantías sanitarias a pasaxe do barco de cruceiro MV Hondius, que entrou sobre as seis da mañá, hora canaria, no dique do porto de Granadilla, en Tenerife. Alí permanecerá fondeado ata que se complete toda a operación.
A ministra de Sanidade, Mónica García, asegurou que se trata dunha intervención "inédita, dunha envergadura internacional sen precedentes".
"Temos que evacuar cidadáns de 23 países e é un orgullo para o noso país e para o Goberno que as autoridades internacionais e a OMS confiaran en España para levar a cabo este operativo".
No transatlántico, afectado por un gromo de hantavirus, viaxan 14 persoas españolas asintomáticas que gardarán corentena no Hospital Gómez Ulla de Madrid.
Un Xulgado de Instrución de Madrid ratificou este sábado a orde do Ministerio de Sanidade pola que se notifican as medidas ás que deben someterse, en resposta ao escrito presentado pola Avogacía do Estado.
"É proporcionada ao risco grave, inminente e extraordinario que supoñería a propagación por contaxio, máxime cando o tempo de illamento fixado non pode tampouco considerarse excesivo ou prolongado", engade o escrito.
Segundo explicou a titular de Sanidade nunha conferencia de prensa na sede do Ministerio, a pasaxe española será a primeira en abandonar o barco que chegará de madrugada.
"A previsión do alcance do porto de Granadilla será durante a madrugada de hoxe a mañá, entre as catro e as seis, hora canaria. O operativo contempla que o buque permaneza en réxime de fondeo na dársena asistido por un remolcador".
Antes da baixada, os epidemiólogos e o persoal de Sanidade Exterior farán unha avaliación exhaustiva para confirmar o estado de saúde de todas as persoas que van a bordo.
Logo, sairán de xeito escalonado e ordenado, en coordinación permamente coa disponibilidade dos voos en pista e os operativos internacionais de repatriación de cada país.
"Desembarcarán utilizando unha mascarilla FP2 como medida preventiva adicional. Tamén se utilizará para as persoas que tengan contacto operativo durante os tralados, incluídos os traslados en autobús e o persoal loxístico. Os equipos sanitarios que interveñan na atención e supervisión médica actuarán conforme aos protocolos específicos de protección que temos establecidos para estas situacións e usarán, por suposto, equipos de protección individual".
As persoas que desembarquen en Tenerife, salientou, levarán só os efectos persoais imprescincibles pechados nunha bolsa.
O barco en Cabo Verde esta semana. REUTERS
Rumbo aos Países Baixos
Mónica García quixo aclarar que o corpo da persoa falecida e a maioría da equipaxe van permanecer a bordo do buque que continuará viaxe, con parte da tripulación, rumbo aos Países Baixos.
"Alí levarase a cabo o proceso completo de desinfección e xestión do material restante conforme aos protocolos internacionais".
Respecto á pasaxe española, coa que mantivo un encontro por videoconferencia, lembrou que non son "nin casos nin pacientes", senón compatriotas sen síntomas que están desexando regresar.
"Levan moitos días vivindo unha situación moi díficil e (...) teñen moitas ganas de volver a casa. E nos tamén, de que volvan nas mellores condicions posibles".
Pediron que se respecte a súa privacidade e que as consideren "persoas asintomáticas" que van colaborar para asegurar a súa propia saúde e os protolocos de saúde pública.
"Aseguraremos non só a súa integridade física senón tamén a emocional porque imos poñer á súa disposición equipos de psicoloxía que atendan o estado emocional no que se atopan porque (...) están sufriendo un proceso de estrés".
A titular de Sanidade insistiu en que o risco de contaxio é baixo para a poboación en xeral.
"Cremos que o alarmismo, a desinformación e a confusión" son medidas contrarias aos principios básicos de preservación da saúde pública. Por iso volvemos intar á información polos cauces oficiais e á redución de calquera manfiestación de alarmismo ou desinformación", concluíu.
Adhanom con Sánchez. EFE/Pool Moncloa/Borja Puig De La Bellacasa
Control do operativo
A ministra española de Sanidade, Mónica García, o titular de Interior, Fernando Grande-Marlaska, e o director xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhanom Ghebreyesus, coordinarán todas as tarefas.
A operación despregouse cinco días despois de que a OMS lle pedira a España a acollida nas Canarias do buque afectado por un gromo da variante Andes deste virus, polo que morreron tres persoas, unha das cales segue a bordo.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, recibiu ás 17:00 horas a Tedros Adhanom, no complexo da Moncloa, para abordar a intervención. Pouco antes, o político e investigador etíope publicaba na rede X unha mensaxe dirixida á poboación tinerfeña.
"O risco actual para a saúde pública derivado do hantavirus segue sendo baixo. Os meus colegas e eu afirmámolo sen ambigüidades, e repítoo agora", asegurou.
Dende o seu punto de vista, nestas circunstancias os informes técnicos e as notificacións de prensa resultan insuficientes polo que a comunicación debe ser "de humano a humano, porque o merecen".
Na mesma rede social, Pedro Sánchez defendeu como un deber "moral e legal" de España ofrecerlle un porto seguro ao barco.
"Aceptar a solicitude da OMS e ofrecer un porto seguro é un deber moral e legal para cos nosos cidadáns, Europa e o dereito internacional".
Unha unidade móbil de catástrofes en Tenerife. REUTERS/Borja Suarez.
Corentena en Madrid
Un avión español trasladará á base de Torrexón de Ardoz os 14 pasaxeiros nacionais, que pasarán a corentena no Hospital Xeral da Defensa Gómez Ulla, onde todo está disposto para facer un seguimento de posibles síntomas.
A atención sanitaria temperá é fundamental para tratar a infección dun virus que non ten un tratamento específico.
A Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias (SEMICYUC) recomenda a súa atención nas denominadas Unidades de Illamento e Tratamento de Alto Nivel (UATAN), espazos mellor dotados para este tipo de gromos.
Tubos de ensaio etiquetados como "hantavirus positivo". REUTERS/Dado Ruvic.
Outros casos
Todas as miradas están postas nas Canarias, pero sen perder de vista o hospital de Alacant, á espera do resultado esta fin de semana da PCR que se lle practicou á muller de 32 anos ingresada por un posible contaxio do virus, tras viaxar no mesmo avión ca a neerlandesa falecida.
Presenta sintomatoloxía respiratoria leve, principalmente tose, e chegou ao cuarto da terceira planta onde está ingresada a través dun circuíto seguro e illado do resto de pacientes e profesionais.
Alén desta muller, hai outros dous contactos asintomáticos identificados que viaxaron nese mesmo avión: unha muller surafricana que estivo unha semana en Barcelona antes de volver ao seu país e outra que vive en Cataluña.