Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cantan os teares na biblioteca Nós de Ourense

Cantan os teares na biblioteca Nós de Ourense

O centro de cultura popular Xaquín Lorenzo de Ourense organizou unha exposición coas pezas elaboradas polos alumnos

Empregan o tear para teceren os seus propios traxes de baile 

G24.gal 21/11/2025 20:01

Máis ca un utensilio de costura, o tear semella un instrumento de corda, cos seus pedais e mecanismos que parecen facer música.

"Ten ritmo, ten unhas connotacións musicais. Como anécdota, as tecedeiras antigas dicían que, cando tecían ben, non coma min, os teares cantaban", confirma José Vieito García, alumno do obradoiro de tear

José faino a demostración nun tear de alto lizo, os tradicionais en Galicia.

"Precísanse uns fíos que veñen lonxitudinalmente, que se chama urdime, entre os que se van pasando outros fíos, transversalmente, que é a trama. Normalmente son feitos con materiais nobres, con lá, con liño...", explica José.

De aí saíron as pezas que exhibiron na biblioteca Nós de Ourense, incluídos traxes tradicionais que empregan para bailar.

"Por exemplo, o chaleco que visto eu foi feito aquí. Permite que a xente aprenda a traballar cunha ferramenta antiquísima que se foi perdendo", sinala Xavier Álvarez, encargado do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Un xeito de preservar as tradicións manténdoas vivas e transmitíndollas, de paso, ás xeracións do futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade