Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boteiros, folións e carrozas no Domingo Gordo de Viana

Boteiros, folións e carrozas no Domingo Gordo de Viana

Tres mil persoas xuntáronse na 54 edición da festa da androlla

O entroido de Viana do Bolo está considerado un dos máis antigos de Galicia

G24.gal 15/02/2026 16:12

O Domingo Gordo é un dos días grandes do carnaval de Viana, considerado dos máis antigos de Galicia.

"É o día máis grande polo desfile, aínda que para nós o día máis importante e simbólico é o Martes de Entrudio, pero hoxe nos xuntamos todas as aldeas, folións do concello e invitados doutros concellos. É o día de estrea dos boteiros", explica o presidente da Asociación Folións rurais de Viana.

"A min faime moita ilusión o Carnaval porque xa de pequeniña viviamos esto nas aldeas", di unha señora que vai nun folión.

Cos seus atavíos característicos, os boteiros ábrenlle paso aos folións, chegados ata de Portugal.


"A gozar, facer ruído, estamos representando un señorito, un que era de boa familia, moi guapos, elegantes. E a correr"."Veño de máscara, que é a vestimenta típica. Nós non nos disfrazamos, vestímonos", contan dous boteiros.

Xuntos desfilan desfilan pola vila na compaña das carrozas, moitas delas representando temas de actualidade e reivindicativos.
 

"A todas as persoas que traballaron nos incendios, á xente que salvou todo. É unha homenaxe a eles". "A nosa maneira de protestar que os gandeiros e agricultores de aquí teñen que ter traballo. Comemos grazas a eles", explican os integrantes de dúas carrozas.

O Domingo Gordo coincide coa festa da androlla, festa gastronómica que xunta unhas tres mil persoas. Os folións volverán percorrer as rúas da localidade ao serán. A xornada rematará con baile na praza maior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade