Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas acompañaron a Virxe de Fátima polas rúas de Ourense

Milleiros de persoas acompañaron a Virxe de Fátima polas rúas de Ourense

A novena de Fátima rematou cunha misa na Catedral oficiada polo bispo de Ourense

TVG TVG
G24.gal 14/05/2026 10:20

A procesión na honra da Virxe de Fátima cumpriu coa tradición un ano máis. 

Milleiros de fieis, calculan que chegaron a sumarse uns 30.000, partiron arredor das once da noite deste mércores do santuario do barrio do Couto para acompañar polas rúas da cidade a imaxe da Virxe sobre unha carroza forrada de flores.

Polo camiño, os procesionarios seguen a imaxe con candeas mentres outros tiran pétalos desde os balcóns. Tamén se coñece como a procesión dos transistores, porque é o sistema que empregan os participantes para seguir as oracións.

O bispo de Ourense acompañounos e, ao fío da medianoite, acabou celebrando unha misa na catedral, dando por finalizada a novena de Fátima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade