Orellas filloas ou rosquillas, as sobremesas que non poden faltar no entroido
Hai moita variedade de doces tradicionais do entroido: rosquillas, orellas, filloas ou flores son os que máis se consomen
A filloa é unha das receitas máis tradicionais de Galicia e en Lestedo levan anos organizando unha festa en torno á filloa que foi declarada de interese turístico nacional
Estamos en tempo de entroido e toca gozar dos doces tradicionais destas festas. A maioría deles comparten ingredientes como a fariña os ovos ou o leite, pero nas elaboracións está o segredo para lograr unha grande variedade de sobremesas que van dende as flores ata as orellas.
"Unhas orellas con oviños da casa... mi ben."
"As filloas sen dúbida. A ver, que se hai orellas ou rosquilas tamén as como."
Para moitos a raíña das sobremesas do entroido é a filloa, unha das receitas galegas máis tradicionais que non falta nas mesas de entroido. Sábeno ben en Lestedo onde hai anos que lle dedican unha festa á filloa que acadou o recoñecemento de festa de interese turístico nacional.
"O segredo da filloa é moi sinxelo. ë un capicúa: 5 1 5. E que temos ahí, pois cinco listros de auga un quilo de fariña e cinco ovos."
"E que as fan moi ben, con fariña, ovos... Aquí están boísimas."
"As filloas son moi ricas, cun chisco de mel van xenial."
Ademáis as filloas como as que fan en Lestedo aportan un extra de versatilidade: poden tomarse doces como sobremesa ou ser un acompañamento salgado.
"Esta é unha filloa de consenso, marida con todo, con calquera tipo de alimento, é especial. Ainda que aquí gústanos moito con chouriz, con chicharróns..."
O entroido trae unha grande variedade de labonadas tradicionais ás que custa resistirse. A boa nova é que ainda quedan días por diante para darnos unha homenaxe.