Publicador de contidos

Publicador de contidos

O último chanzo para o ascenso da Sarriana

O último chanzo para o ascenso da Sarriana

Xoga como local diante do Pulpileño este domingo ás 19:00 (G2) nunha eliminatoria moi equilibrada despois do empate sen goles da ida

G24.gal 21/06/2025 22:54

Despois dunha temporada moi longa, que se prolongou durante mes e medio pola fase de ascenso, a Sarriana chega á última cita do campionato con todas as opcións de ascender á Segunda Federación. Xogará no seu campo da Ribela diante do Pulpileño do grupo murciano o partido de volta da eliminatoria final. 

No partido de ida quedou todo por decidir. O empate sen goles (0-0) dálle opcións aos dous equipos, pero o equipo galego intentará explotar o factor campo para conseguilo. Ben é certo que o Pulpileño demostrou unha gran seriedade defensiva e que é moi complicado marcarlle un gol. 

Nas anteriores eliminatorias a Sarriana conseguiu manter a súa porta a cero cando xogou como local, algo que lle custou ao longo do campionato. Especialmente bo foi o encontro da segunda eliminatoria contra o Estradense (2-0) co que encamiñou o pase á final. O partido comezará ás 19:00 horas e poderemos velo pola G2 e pola plataforma de Agalega.gal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar