Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada de inauguracións no Arde Lucus

Xornada de inauguracións no Arde Lucus

Abren ao público o mercado romano e os diversos campamentos galaicos e romanos

Os senadores romanos saúdan o pobo ao partiren da Castra
Félix Aragunde. Imaxe: Jose Lamas. 13/06/2025 20:45 Última actualización 13/06/2025 20:53

Coa invocación aos deuses galaicos, inaugurouse a Castra do Arde Lucus no parque lucense de Rosalía. O acto contou coa presenza dos membros do Senado romano, ataviados coas súas togas de máis de seis metros de lonxitude.

"Para poñela, os senadores tiñan escravos. Hai varias formas de facelo, e nós usamos a máis simple, que é enganchala no lombo e rodear por todo o peito", explica Manuel Buján, do Senatus Lucus Augusti. 

"Nós facemos sempre o acendido do lume, que é un momento importante para todos os pobos prerromanos", engade Miguel Carricoba, druída da asociación Lugdunum. 

Tamén se inaugurou o Macellum ou mercado romano, con boa acollida por parte do público. E na mesma praza Maior, rexistráronse longas ringleiras para acceder ao campamento do exército imperial romano.

"Xa empeza a vir moita máis xente, sobre todo de Lugo. Xa abrimos o campamento para que se vexa como temos montado todo", sinala Miguel Alvelo, Cohors III Lucensium.

Tamén houbo que facer cola para o Nasciturus, a cerimonia de benvida aos naipelos. En total, son máis de 30 as actividades programadas para esta segunda xornada do Arde Lucus, ás que seguirán as preto de 300 preparadas para toda unha fin de semana de festa rachada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade