Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sortean un remolque de leña nunha parroquia de Castro de Rei para recadar fondos para a festa

Sortean un remolque de leña nunha parroquia de Castro de Rei para recadar fondos para a festa

Os organizadores dos festexos deste ano recorreron a esta rifa para animar aos veciños a participar e aumentar os cartos que sufragan os gastos

O gañador das papeletas, que venden a cinco euros, coñecerase o propio día da festa

O remolque de leña está valorado en cincocentos euros
G24.gal 16/06/2025 20:03 Última actualización 16/06/2025 20:45

Cando Marisol e Marcos se puxeron á fronte da comisión para a organización das festas de Santa Locaia, en Castro de Rei, xa sabían que conseguir os fondos para sufragalas ía ser o máis difícil, así que para animar aos veciños a soltar os cartos ocorréuselles facer un sorteo.

Explica unha das organizadoras, Marisol Fernández, que "o premio é un remolque de leña. As papeletas véndense a cinco euros e levan cinco números cada unha".

Pola súa banda, Marcos García, tamén da organización que "para sortear unha viaxe ou algo parecido moita xente non se anima tanto, pero que che den unha viaxe de leña para pasar o inverno é máis gustoso".

Aos veciños acaeulles a nova. Comentan que "hai que axudar a que se sigan facendo as festas", "era bonito que lle tocara a calquera veciño", "o sorteo ben, o que pasa é que é un remolque só", lamenta con sorna este veciño, porque estaría encantado de que fosen máis.

O remolque de leña está valorado en cincocentos euros. Contan que a venda das papeletas do sorteo chegue para cubrir a metade dos gastos. As festas son a fin de mes, na honra de San Pedro.

O gañador saberase o mesmo día do patrón. Será o que teña o número que coincida co do sorteo do Soldazo da ONCE. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade