Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump volve atrasar a entrada en vigor dos aranceis, agora ata o día 7

Trump volve atrasar a entrada en vigor dos aranceis, agora ata o día 7

A previsión era que as novas tarifas se aplicasen desde hoxe mesmo, e o anuncio chegou in extremis

A Casa Branca di que se trata de darlle tempo abondo a Aduanas e Protección Fronteiriza para realizar os cambios precisos para recadar as novas tarifas

Segundo o anunciado, á maioría dos produtos europeos que entran nos EUA imporánselles aranceis do 15 %

Bruxelas e Washington continúan traballando na declaración conxunta para aclarar o que pactaron Donald Trump e Ursula von der Leyen  

REUTERS/Kent Nishimura REUTERS/Kent Nishimura
G24.gal 01/08/2025 02:27

O presidente estadounidense, Donald Trump, anunciou un novo plan arancelario que entrará en vigor a partir do 7 de agosto, seis días despois do previsto, e que impón un gravame do 30 % para varios países que non selaron un acordo comercial a tempo, aínda que introduce alivios para os que si o lograron.

A nova taxa mínima para as nacións coa que os Estados Unidos mantén unha balanza comercial negativa quedo fixada no 15 %, segundo informou a Casa Branca nunha orde executiva publicada poucas horas antes de que se cumprise o prazo concedido en xullo aos seus socios comerciais para negociar un novo arancel.

A base dun 10 % de aranceis anunciada en abril pasado manterase, pero só para os países cos que ten superávit comercial, é dicir, os países aos que os Estados Unidos exportan máis bens dos que importa.

En cambio, para aqueles con déficit comercial, é dicir, os que exportan máis bens aos EUA dos que reciben do país norteamericano, a tarifa basee será do 15 %.

Isto exclúe países e bloques cos cales os EUA xa logrou un acordo comercial, como a Unión Europea, o Reino Unido, ou o pacto temporal con China. Tamén exclúe aos países cos que a guerra tarifaria se dá por motivos políticos, como O Canadá ou O Brasil, a quen se lle suma un 40 % de aranceis á súa base do 10 % como medida de presión contra o xuízo ao expresidente brasileiro Jair Bolsonaro por golpismo.

A maioría de países, arredor dunha corentena, saen gañando con este reaxuste respecto ás tarifas que foran anunciadas en abril.

O reaxuste, en cambio, situou o gravame por encima do 30 % para varios países cos que non se alcanzou un pacto, como son os casos de Suíza ou Serbia.

Os peores parados da nova listaxe de aranceis foron países como Siria (41 %), Laos (40 %) ou Myanmar (40 %). 

Trump dedicou unha orde executiva aparte para Canadá, a quen lle incrementa os aranceis do 25 % ao 35 % a partir do venres para as importacións canadenses non suxeitas ao tratado de libre comercio T-MEC.

O Goberno estadounidense xustifica a súa decisión porque "O Canadá non cooperou para frear o fluxo constante de fentanilo e outras drogas ilícitas, e tomou represalias contra Estados Unidos polas accións do presidente para facer fronte a esta ameaza inusual e extraordinaria para o país".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade