Unha galega capitanea unha investigación sobre técnicas para paliar o quecemento global
A investigación céntrase en diminuír e evitar o uso de insecticidas, pesticidas e herbicidas e substituílos por técnicas agroecolóxicas
O Departamento de Produción Vexetal da USC, situado no Campus de Lugo, é o encargado de coordinar o traballo no que van colaborar investigadores de todo o mundo e que se centra en combater o cambio climático mediante o emprego de prácticas agroecolóxicas.
A catedrática deste departamento, Rosa Mosquera, capitanea unha macroinvestigación sobre técnicas agroecolóxicas para reducir o uso de biocidas, é dicir: insecticidas, pesticidas e herbicidas.
Este traballo desenvolveuse dentro da Alianza para a Investigación Global e nel participaron investigadores asiáticos, africanos, americanos e europeos.
Con este traballo contribúese ao obxectivo de sostibilidade proposto polas Nacións Unidas.
Rosa Mosquera acaba de reunirse con representantes dos ministerios de agricultura de 68 países para intentar achegar ideas que axuden a paliar o cambio climático.
A intención agora é que os países implicados adopten as técnicas propostas.