Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adiántase a recolección do millo para evitar que as perdas cheguen á metade do sementado

Adiántase a recolección do millo para evitar que as perdas cheguen á metade do sementado

No interior de Galicia a colleita adiántase case un mes

A seca pode reducir como mínimo un 30% os quilos para ensilar

 

G24.gal 23/08/2025 14:02

O maínzo ten un aspecto cativeiro, especialmente nas leiras do interior de Galicia onde a seca afecta máis. Nesta explotación de Rodeiro, van empezar a recoller o millo o luns. É case un mes antes de tempo, para evitar que o desastre sexa total.

"Xa non colleu altura, viñeron os días de calor extrema cando estaba polinizando e non chegou a criar espiga e case está seca toda a planta. Na nosa zona non é normal ata mediados ou finais de setembro colleitar o millo, pero este ano é atípico e antes de que quede nas leiras hai que cortalo e aproveitalo", explica Jesús Montes, gandeiro e presidente da cooperativa O Rodo.

Cada vaca come a diario entre 28 e 40 quilos de millo. A explotación de Jesús é familiar, ten 400 vacas e calcula que este ano vai coller un 30 ou 40% menos de quilos, polo que terá que comprar máis alimento. Ademais da seca, o gran problema para estes gandeiros é o porco bravo.

"Leva un mes traballando e hai bastantes desfeitas. Houbo batidas un mes antes do habitual. Estamos rodeados de montañas, por un lado a serra do Faro, hai moito monte, terreo de cultivo", quéixase Jesús Montes, gandeiro e presidente da cooperativa O Rodo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade