Así traballa a Unidade de Investigación de Incendios Forestais para determinar as causas do lume
As pescudas da Unidade de Investigación de Incendios Forestais poden durar meses e mesmo anos
Co lume baixo control, o traballo da Unidade de Investigación de Incendios Forestais continúa para intentar determinar as causas e levar perante a xustiza os responsables. En zonas de especial actividade incendiaria o seu traballo é continuo, explica Aurelio Mosteiro, coordinador adxunto da Unidade de Investigación de Incendios Forestais
Tras o paso das lapas os mesmos drons que usan en vixilancia, cada vez máis silenciosos e precisos, axudan a analizar o lume. Sobre o terreo marcan o avance das lapas ata acoutar o punto de inicio, a súa análise é fundamental para determinar as causas. Os avances tecnolóxicos fan que cada vez as probas sexan máis contudentes. As investigacións poden alongarse meses e mesmo anos.
Ao redor do 70 por cento dos lumes, din, son intencionados. Que os responsables acaben diante dun xuíz é o obxectivo do seu traballo.