Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas investigadas en Salvaterra e Ponteareas e unha detida en Arbo por incendios forestais

Dúas persoas investigadas en Salvaterra e Ponteareas e unha detida en Arbo por incendios forestais

Os investigados facían traballos de limpeza do monte sen autorización cando lles prendeu o lume

O incendio en Pesqueiras arrasou 56 hectáreas de monte e especies arbóreas

G24.gal 25/08/2025 16:43

A Garda Civil investiga dous homes na provincia de Pontevedra como presuntos autores dun incendio forestal en Salvaterra de Miño e detivo outro en Arbo por un segundo incendio.

No primeiro caso, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Tui vincula co suceso un veciño de 60 anos de Salvaterra e outro de 40 de Ponteareas.

O incendio produciuse o 28 de xullo no monte Codesal, na parroquia de Pesqueiras, e afectou 56 hectáreas de monte raso e árbores.

As investigacións apuntan ao condutor dun tractor que provocou o incendio mentres rozaba baixo unha liña eléctrica e ao propietario da empresa responsable do traballo, que se facía sen autorización.

As dilixencias xa foron remitidas ao xulgado de garda de Ponteareas.

Un detido en Arbo

Por outra banda, a Garda Civil detivo en Arbo o presunto autor doutro incendio forestal.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, valorou a actuación das forzas de seguridade e insistiu en que se investigan todos os incendios, se persegue os incendiarios e se poñen a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade