Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pide a implicación de todas as administracións para evitar escorrentías tras os incendios

Rueda pide a implicación de todas as administracións para evitar escorrentías tras os incendios

O presidente da Xunta confirma que este venres se celebrará o consello extraordinario para aprobar axudas aos afectados polo lume

Rueda remarca a intencionalidade de moitos incendios e apela a reforzar medidas de prevención

O BNG pide unha comisión de investigación sobre os incendios e o PSdeG denuncia o "abondono" do rural

 
G24.gal 25/08/2025 15:15

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pide a colaboración de todas as administracións na recuperacións dos terreos calcinados na vaga de lumes deste verán para evitar que as chuvias afecten o abastecemento de auga ou provoquen inundacións. Nunha visita a Oia este luns, o xefe do Goberno galego tamén advertiu que nos próximos meses van ser "aínda mais estritos" coas medidas de prevención de lumes.

A rápida intervención dos equipos de extinción e o vento favorable permitiron que o incendio de Oia quedara en 60 hectáreas calcinadas, sen afectar as vivendas e negocios da zona. Todo apunta a que o lume foi intencionado, segundo explicou Alfonso Rueda, que lembrou que detrás de moitos incendios está a man do home e agradeceu o labor das forzas e corpos de seguridade do Estado que investigan os lumes e perseguen os incendiarios.

En Oia e outras zonas onde xa extinguiron os incendios xa traballan en preparar o terreo queimado para evitar que a chuvia leve a cinsa ao mar, ás vivendas ou ao abastecemento de auga ou que provoque inundacións. Alfonso Rueda di que pedirán a colaboración de concellos, deputacións e Goberno, porque esta "debe ser unha tarefa de todos".

O xefe do Goberno galego, que adiantou que este venres se celebrará o Consello da Xunta extraordinario para aprobar as primeiras axudas para os afectados, tamén explicou que en zonas como esta constatan que hai medidas de prevención que non se fixeron, como cortalumes ou a limpeza das faixas secundarias.

"O labor de limpeza hai que facelo moi seriamente e creo que todo o mundo entenderá que nestes meses teremos que ser moi estritos, moito máis que ata o de agora", remarcou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade