Publicador de contidos

Publicador de contidos

España e o Reino Unido prevén derrubar a reixa de Xibraltar en xaneiro de 2026

España e o Reino Unido prevén derrubar a reixa de Xibraltar en xaneiro de 2026

O acordo coa UE permitirá eliminar barreiras e controis para persoas e mercadorías

A medida facilitará o tránsito diario de 15.000 traballadores e beneficiará 300.000 veciños da zona

G24.gal 25/08/2025 15:44

España e o Reino Unido teñen previsto derrubar a reixa fronteiriza de Xibraltar en xaneiro de 2026.

Ese é un dos prazos que se negocian tras o acordo acadado en xuño entre os dous países e a Unión Europea.

O pacto, que define o estatus da colonia británica tras o brexit, pon fin a máis de cinco décadas de división física na fronteira.

Segundo fontes próximas á negociación, Bruxelas traballa para ter listo en outubro o texto definitivo, que debería ser ratificado en decembro.

O acordo permitirá a libre circulación de persoas e mercadorías, eliminando os controis fronteirizos que dificultaban o tránsito.

A supresión da reixa facilitará a mobilidade dos 15.000 traballadores que cruzan a diario a fronteira e mellorará a vida dos 300.000 españois que residen na contorna.

O entendemento pon fin ao último punto pendente nas relacións entre a UE e o Reino Unido despois da saída británica da Unión hai máis de cinco anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade