Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda confirma que antes de final de ano se inaugura un novo treito da AG-59

Rueda confirma que antes de final de ano se inaugura un novo treito da AG-59

Son os 3,5 quilómetros que unirán A Ramallosa e Pontevea e que confirman o avance da autovía que conectará A Estrada con Santiago

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda,  participou no 11 Congreso local do PP da Estrada que elixiu a Gonzalo Louzao como presidente local

G24.gal 19/10/2025 14:48 Última actualización 19/10/2025 15:03

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou que antes de que remate o ano estará inaugurado un novo treito da AG-59, que conecta Santiago coa Estrada. Son os 3,5 quilómetros que unirán A Ramallosa e Pontevea

"Co que se vai inaugurar nun par de meses, en tres como moito, e o que empeza agora mesmo a facerse, A Estrada terá a autovía que a une con Santiago e que tanto merecía", asegurou Rueda.

O presidente do PPdeG fixo estas declaracións no undécimo congreso local do PP da Estrada que elixiu a Gonzalo Louzao, actual alcalde desta localidade, como presidente dos populares en substitución do conselleiro de Cultura, José López Campos. No congreso participaron máis de mil persoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade