Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG critica que PSOE e Goberno non celebrasen o Nobel a María Corina Machado

O PPdeG critica que PSOE e Goberno non celebrasen o Nobel a María Corina Machado

O Partido Popular de Galicia reivindicou a liberdade dos mozos e mozas galegas na clausura do acto 'Galicia goberna o seu futuro'

G24.gal 11/10/2025 17:45 Última actualización 11/10/2025 18:01

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, criticou este sábado que o Goberno de Pedro Sánchez e o PSOE non celebrasen o Premio Nobel da Paz concedido á opositora venezolana María Corina Machado.

Prado fixo estas declaracións nun acto de Novas Xeracións en Ourense, onde estivo acompañada pola presidenta desta organización xuvenil, Nicole Grueira, e o presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor.

"Os mozos galegos necesitan un partido como o noso de referente e non a un PSOE e un Sánchez que son incapaces de celebrar un Premio Nobel da Paz tan relevante como o de María Corina Machado ou a un BNG que senta, como fixo onte, cos herdeiros da ETA", dixo en referencia á reunión entre o partido nacionalista e EH Bildu.

A líder popular galega asegurou ademais que apostarán "máis que nunca" polos mozos nas candidaturas das próximas eleccións e centrou o seu discurso en reivindicar "a importancia da liberdade" en cuestións como a educación, a política de vivenda, o rural, o medio ambiente ou a cultura.

Esas cuestións "non son patrimonio de ningún partido e moito menos do PSOE e do BNG", defendeu.

Prado destacou medidas como a matrícula universitaria gratuíta, o impulso da FP e a ciencia, as axudas de vivenda a mozas, o bus interurbano gratuíto ata os 21 anos ou as axudas ao carné de conducir

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade