Publicador de contidos

Publicador de contidos

Román Rodríguez cualifica de "noxento" o caso de Ron e esixe apartar os agresores "de por vida" das aulas

Román Rodríguez cualifica de "noxento" o caso de Ron e esixe apartar os agresores "de por vida" das aulas

Xabier Ron foi deputado no Parlamento de Galicia con AGE entre 2012 e 2016
G24.gal 02/07/2026 15:01

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, cualificou este xoves de "absolutamente despreciable, absolutamente inxustificable e absolutamente noxento" o caso de abusos sexuais continuados a unha menor por parte do exprofesor e exdeputado Xabier Ron.

En concreto, a sede compostelá da Audiencia Provincial da Coruña condenou a nove anos e medio de prisión o que fora deputado autonómico do grupo Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xabier Ron, por agredir sexualmente de forma continuada unha nena de 12 anos da que fora profesor.

En declaracións aos medios este xoves nun acto no Porriño, o titular de Educación defendeu que un docente que comete este tipo de actos contra un alumno debe ser "apartado para sempre" do sistema educativo.

Neste sentido, avanzou que a Xunta de Galicia vai estudar " e analizar" as posibilidades xurídicas e administrativas pertinentes para garantir que un profesor condenado por abusos a menores "non volva pisar nunca unha aula".

Rodríguez incidiu en que a sociedade debe actuar de forma "sa" para impedir o retorno destas persoas aos centros escolares, subliñando que sería "inxustificable" que alguén con estes antecedentes puidese volver exercer a docencia no futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade