Publicador de contidos

Publicador de contidos

Le Pen presentarase ás presidenciais de 2027 tras a condena que reduce a súa inhabilitación

Le Pen presentarase ás presidenciais de 2027 tras a condena que reduce a súa inhabilitación

A pena é de 45 meses, pero 30 están exentos de cumprimento se non hai reincidencia, polo que queda reducida a 15 meses

Tamén está condenada a tres anos de cárcere, dous dos cales exentos de cumprimento, de forma que terá que cumprir un ano firme con brazalete electrónico

O tribunal determina que Le Pen, outros once procesados e o partido, a Agrupación Nacional, son culpables da malversar máis de 2,8 millóns

Marine Le Pen abandona o Palacio de Xustiza de París tras a sentenza. Reuters Marine Le Pen abandona o Palacio de Xustiza de París tras a sentenza. Reuters
G24.gal 07/07/2026 14:52 Última actualización 07/07/2026 20:49

Marine Le Pen, anunciou este martes a súa candidatura ao Elíseo tras a sentenza ditada este martes. O Tribunal de Apelación de París condenouna, a unha pena de inhabilitación de 45 meses, aínda que 30 deles están exentos de cumprimento salvo que houbese reincidencia, o que a reduce a 15 meses firmes e tecnicamente podería presentarse ás eleccións presidenciais de 2027.

"Si, serei candidata ás eleccións presidenciais", declarou Le Pen no telexornal de máxima audiencia da televisión TF1, onde acudiu acompañada polo presidente do seu partido, a Agrupación Nacional, Jordan Bardella. 

Le Pen foi condenada tamén a tres anos de cárcere, dous dos cales exentos de cumprimento, de forma que terá que cumprir un ano firme con brazalete electrónico en condicións que fixará o xuíz de aplicación de penas, así como a unha multa de 100.000 euros.

A presidenta do tribunal ao ler a parte da sentenza que lle correspondía, subliñou que un responsable político ten que ser exemplar no cumprimento das normas.

Os xuíces considerárona a ela, así como os outros once procesados e o seu partido, a Agrupación Nacional (RN) culpables da malversación de máis de 2,8 millóns de euros que o Parlamento Europeo asignou para pagar a asistentes parlamentarios e que en realidade se utilizaron para empregados que traballaban para a formación política.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade