O delegado do Goberno en Galicia postúlase a liderar o PSdeG en Santiago
Pedro Blanco anunciou que se presentará as primarias para optar á alcaldía de Compostela
Os catro edís expulsados nesta lexislatura vanse presentar nunha candidatura independente encabezada por Mercedes Rosón
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou este xoves que se presenta ás primarias do PSdeG para ser candidato á Alcaldía de Santiago. A través dun vídeo publicado nas súas redes sociais, Blanco asegurou que está con "ganas e ilusión" para "devolver a ilusión aos socialistas e tamén para ilusionar a Santiago".
Por iso preséntase ás primarias e avanza que nos próximos días iniciará unha conversación coa militancia e os residentes na capital galega.
"Con 14 anos cheguei a esta cidade e aquí fixen a miña vida, crecín á vez que crecía a cidade, descubrín o Santiago culto e vital, o Santiago universitario e espiritual, vivín o Santiago do mellor urbanismo, cunha Compostela emerxente que era exemplo a seguir para outras cidades", asegura.
En cambio, cre que agora "a cidade perdeu forza e vai ao ralentí" e sostén que hai "unha gran maioría" que quere un cambio.
Polo momento é o primeiro candidato a estas primarias, que só se celebrarán, o 19 de xullo, se hai máis dunha opción e terán, se é necesaria, unha segunda volta o 26.
O anuncio de Pedro Blanco chega nun momento convulso para os socialistas despois de que os catro edís expulsados do partido nesta lexislatura anunciaran a presentación dunha candidatura independente encabezada por Mercedes Rosón.