Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asturias e Castela e León seguen ardendo

Asturias e Castela e León seguen ardendo

Dous novos incendios forestais obrigan a desaloxar centos de persoas en León

No Parque Nacional de Somiedo, en Asturias, o lume aproxímase a algunhas casas
G24.gal 24/08/2025 20:52

Son as lapas que esta tarde entraban na localidade asturiana de Caunedo, no parque natural de Somiedo, afectado por un dos tres incendios de nivel dous que sofre esta fin de semana o Principado.

"Os montes están sen limpar, o lume está case enriba das casas, e temos un problema moi gordo, di un veciño da zona".

Bombeiros de Asturias, Andorra e Navarra, xunto con militares da UME loitan contra o lume, nunha contorna xeográfica tan preciosa coma difícil para a extinción de incendios. En Asturias hai tamén outros dous lumes en nivel 2, en Degaña e Genestoso. 
Especialistas e autoridades confían nun cambio do tempo.

"Agardamos que baixe a temperatura, van ser días con temperaturas un pouco máis altas; agardamos que baixen as temperaturas, e que tamén nos axude o vento e a chuvia, di o presidente de Asturias".
 

A outra comunidade que segue especialmente castigada polos incendios é a de Castela e León, onde esta tarde comezaron dous novos de nivel dous, nas localidades de Garaño e Molinaseca, que obrigaron a desaloxar 80 veciños. Na mesma comunidade o incendio de Porto afecta a Zamora e León, polo que tiveron que desaloxar máis de 300 persoas. Por outro lado, a reactivación do incendio de Fasgar provocou a evacuación de oito localidades leonesas. 

Con todos estes incendios plenamente activos, a directora xeral de Protección Civil confía en que a loita dos equipos de extinción e o cambio do tempo permitan rematar con esta vaga de incendios forestais nos próximos días.
 

"Se todo se desenvolvese favorablemente, a priori, polo menos hai unha semana de traballo por diante", sinalou Virginia Barcones.

A responsable de Protección Civil confirmou que, desde que comezaron estes incendios, foron detidas 43 persoas e outras 133 están sendo investigadas pola súa presunta relación co lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade