En Castela e León mantéñense 10 incendios activos en graves, en nivel 2
O vento está complicando os labores de extinción e ata o xoves que cambia o tempo nesta comunidade o risco segue sendo extremo
En Garaño, León, esta mañá os efectivos da UME tentaban controlar en varias frontes a rápida progresión deste lume que xunto ao de Molinaseca obrigaba á evacuación nas últimas horas de 11 poboacións, en total máis de 700 persoas tiveron que deixar as súas casas. Este de Garaño é un dos 10 incendios graves de nivel dous que permanecen activos nesta comunidade. Preocupa o de Porto en Zamora, que empeorou a súa situación e trabállase para evitar o seu avance cara á localidade da Baña. Porque o certo é que o vento continúa complicando a situación e sucédense as reproducións das lapas.
En Asturias mentres a evolución dos tres incendios activos no suroeste da comunidade continúa sendo favorable ao quedar estabilizado o de Degaña. Protección Civil informou da detención este domingo de 3 persoas máis relacionadas coa xeración dos incendios; así ascenderían a 46 os arrestados este verán.