Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo está no podio das cidades menos ruidosas de España, segundo un estudo dun operador turístico

Vigo está no podio das cidades menos ruidosas de España, segundo un estudo dun operador turístico

Só Zaragoza e Cartaxena adiantan a cidade olívica, que é a segunda mais silenciosa das grandes urbes do país

G24.gal 25/08/2025 13:59

Vigo é das cidades menos ruidosas de España. Iso é o que di un informe dun operador turístico que establece que só Zaragoza supera a cidade olívica entre as catorce grandes urbes do país. E só a supera Cartaxena entre as de menor tamaño.

Dío o operador turístico Altezza Travel, que fixo un estudo tendo en conta cinco parámetros: o tráfico, os turistas por quilómetro cadrado, a contaminación acústica, a densidade de poboación e as actividades nocturnas. Pola contra, Barcelona, Sevilla e Palma de Mallorca son as cidades máis ruidosas de España. O informe salienta o bo equilibrio que hai en Vigo entre vida urbana e tranquilidade, malia que moitos non estean de acordo. 

Malia que Vigo apareza como cidade pouco ruidosa, queda traballo por facer. O último informe sobre contaminación acústica de Ecoloxistas en Acción reflectía que os niveis de ruído en Vigo duplicaban os recomendados pola Organización Mundial da Saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar