Contido con Xeográficas .
Galicia

Drons que detectan pragas na foresta, anticipan a seca e comproban como van os tratamentos
03/07/2025 10:21
Saber se as árbores teñen fungos ou comprobar o estrés hídrico son algunhas das aplicacións da intelixencia artificial incorporadas recentemente aos drons de control forestal

As mellores festas e festivais para a fin de semana
03/07/2025 10:14
O evento máis recoñecible e o Portamérica xunto ca Rapa das bestas de Sabucedo
PortAmérica, Gozo ou a Festa da Lagosta, as citas máis importantes da fin de semana

Falece un motorista de 27 anos nun accidente en Lugo
03/07/2025 09:23
A vítima, de 27 anos, sufriu unha caída cando circulaba pola estrada Nacional VI

Desmantelan un punto de venda de drogas en Boiro e deteñen dez persoas
03/07/2025 08:46
A Garda Civil asegura que se chegaron a detectar ata máis de 30 compradores nun só día nun centro de subministración de drogas que funcionaba as 24 horas

Rueda pide na UE que as rexións participen na toma de decisións para a transición enerxética
02/07/2025 21:43
O presidente da Xunta destaca que Galicia "superou en 2024 os obxectivos europeos marcados para 2030", cun "85 % de xeración eléctrica renovable"

02/07/2025 21:23
Hai máis tempo de lecer, máis horas de luz e, no mellor dos casos, días de vacacións
Aquí van algunhas recomendacións se aínda non teñen un título no bolso da praia

En quince anos Galicia perdeu case a metade da cabana de ovellas e cabras
02/07/2025 20:19
Preocupa a situación porque cumpren unha función social e ambiental, xa que axudan a fixar poboación no rural e na prevención de incendios forestais

Unha aperta de mans desencadeou a liorta de Ribeira
02/07/2025 20:11
A lea multitudinaria entre dúas familias que celebraban unha pedida de man deixa un morto e 6 detidos
Reforzo policial en Ribeira e Santiago en previsión de represalias

As rebaixas manteñen o efecto chamada malia a calor destes días
02/07/2025 19:49
Nestas datas de inicio de rebaixas nótase un aumento de afluencia nas tendas
Para esta tempada a estimación de gasto medio en España é duns 223 euros

Morre unha persoa durante un incendio agrícola en San Cristovo de Cea
02/07/2025 19:10
O sinistro produciuse na parroquia de Oseira

O xoguete viral Labubu desata unha onda de fraudes en liña
02/07/2025 17:15
O éxito internacional deste xoguete converteuno en obxectivo de falsificacións, estafas e tendas fraudulentas en Internet

A procura de piso en Santiago obriga os estudantes a facer noite na rúa
02/07/2025 16:54
Centos de estudantes agardan durante horas ás portas das inmobiliarias ante a escaseza de vivenda

Morre un matrimonio de octoxenarios nun accidente entre dous coches en Silleda
02/07/2025 16:34
O sinistro produciuse na Nacional 640, á altura de Escuadro
O condutor do outro vehículo resultou ferido

Rueda reclama a voz das rexións nos fondos de cohesión fronte ao "erro" de centralizar a repartición
02/07/2025 15:28
O presidente da Xunta defende en Bruxelas que Galicia e as demais rexións deben decidir o deseño e execución dos fondos de cohesión no futuro presuposto plurinanual da Unión Europea, que se presentará o día 16

Agrolistik, o Uber dos tractores creado por tres galegos
02/07/2025 14:38
A aplicación pon en contacto os propietarios dos terreos cos tractoristas
A idea é axilizar a contratación de traballos de limpeza, sementeira ou aplicación de fitosanitarios

O perigo que se agocha baixo a area: as fanecas poden arruinar un día de praia
02/07/2025 14:31
É importante saber en que momento é máis fácil que piquen, como detectalas e como aliviar os síntomas da picada

Denuncian unha vertedura de augas fecais na praia da Madorra, en Panxón
02/07/2025 14:21
Os veciños din que o cheiro é insoportable dende hai máis dun mes
Hai bañistas que deixaron de ir ao areal polo risco de contaminación

Descenso extraodinario das temperaturas máximas no interior do país
02/07/2025 14:11
De rozar os 43 graos en Ourense, o máximo histórico de Galicia nun mes de xuño, a non superar hoxe os 30

Unha familia de Lugo denuncia agresións e ameazas por parte dos seus veciños
02/07/2025 14:00
A policía prendeu un dos presuntos atacantes por unha lesión con arma branca

Regresan á vivenda da Coruña os moradores desaloxados hai un mes con máis de vinte gatos
02/07/2025 13:48
Os veciños do inmoble esixen medidas definitivas para que o problema non se descontrole

Estabilizado un incendio forestal en Lousame con arredor de 30 hectáreas afectadas
02/07/2025 13:11
Iniciouse arredor das 5:30 horas da madrugada
Mobilizáronse diferentes efectivos para facilitar a extinción, entre eles, catro helicópteros e un avión

Lois Patiño estrea 'Ariel' cunha proxección na praza da Quintana, en Santiago
02/07/2025 12:10
O realizador galego explora conceptos como a liberdade ou o destino na obra que considera parte do seu "proceso natural cara a ficción"
A proxección inaugurou o festival compostelán Curtocircuíto

Lucas Noubi, primeira fichaxe do R. C. Deportivo
02/07/2025 11:37
De nacionalidade belga e camerunesa, firma ata xuño de 2029
Será presentado a próxima semana no Estadio Abanca-Riazor

O gromo de salmonelose de Oza-Cesuras xa chegou a Asturias e a Castela e León
02/07/2025 11:35
Os novos afectados encóntranse estables e ingresados
O gromo expándese xa por catro comunidades autónomas

Investigan quen conducía a furgoneta branca que atropelou a vítima da pelexa de Ribeira
02/07/2025 11:20
Un dos feridos na liorta en Ribeira permanece ingresado "en estado grave"
Localizan en Santiago un dos vehículos implicados no suceso
As forzas de seguridade incrementan os controis na zona

Asaltaron a casa duns octoxenarios e finxiron ser ocupas diante da policía en Lugo
02/07/2025 11:12
Os ladróns trataron de roubar as xoias, electrodomésticos, ferramentas e mesmo documentos persoais da casa
As penas de prisión son baixas, e aínda que os catro condenados teñen antecedentes penais non ingresará ningún no cárcere

A TVG logra o seu mellor dato histórico no EXM e consolídase como líder en Galicia
02/07/2025 10:05
A Galega supera o 27 % de cota semanal e acada o seu mellor dato histórico nunha onda do EXM
A TVG lidera en Galicia en todas as franxas horarias e reforza a súa posición como referencia entre as canles autonómicas do Estado
Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, con 125.000 oíntes diarios

Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, con 125.000 oíntes diarios
02/07/2025 09:02
O Estudo Xeral de Medios confirma un incremento do 13,6 %, 15.000 novos oíntes, con respecto aos datos da onda anterior

O Celta iniciará a Liga en Balaídos contra o Xetafe e pechará a competición contra o Sevilla
01/07/2025 23:20
O Dépor comezará a competición visitando o Granada C. F. e finalizará contra As Palmas en Riazor
O Deportivo Abanca inicia a Liga F contra o Levante e remata en Tenerife contra o Costa Adeje

Unha liorta entre clans rivais deixa un morto e varios feridos en Ribeira
01/07/2025 21:46
Cando menos seis persoas implicadas no suceso foron arrestadas, varias delas na peaxe da AP-9 en Teo tras unha persecución
Ata a zona desprazáronse os antidisturbios, o helicóptero do 061 e varias ambulancias
Un dos feridos na pelexa permanece ingresado "en estado grave"

Controlado un incendio forestal que chegou a ter ata cinco focos en Monforte
01/07/2025 21:30
Estabilizado outro incendio na Mezquita tras calcinar máis de 30 hectáreas

O chef compostelán Alejandro Ferreiro, elixido Mellor Cociñeiro de Tapas 2025 en Galicia
01/07/2025 21:23
Sete cociñeiros das sete cidades optaron ao galardón

Susto en Vigo ao caer a carga dun guindastre de obra nunha beirarrúa
01/07/2025 21:06
Malia ser unha zona transitada, non houbo feridos
Os bombeiros traballaron para asegurar a zona

Falece unha muller nunha praia de Porto do Son
01/07/2025 20:51
Un particular avisou de que a muller se atopaba boca abaixo na auga da praia de Aguieira

As vacas producen ata catro litros menos de leite cando a calor e a humidade son altas
01/07/2025 20:14
Afecta tamén a graxa, a proteína e o sistema inmunitario
Hai anos que os gandeiros teñen instalados sistemas de ventilación que favorecen o benestar dos animais

O PPdeG volvería gañar en Galicia cun 27,5 % dos votos, segundo o CIS
01/07/2025 20:08
O BNG situaríase como segunda forza cun 25,3 % e o PSdeG quedaría terceiro co 21,1 %
En Vigo, máis do 60 % aposta por Abel Caballero como alcalde e o PSOE mantería a maioría absoluta

A Xustiza arquiva a causa dos audios contra Jácome por seren probas ilícitas
01/07/2025 19:38
O xuíz considera que as gravacións vulneran dereitos fundamentais e non poden utilizarse no proceso
O TSXG mantén o cesamento do interventor de Ourense pero eleva a indemnización a 75.000 euros por acoso laboral

O sector está satisfeito co inicio da campaña do polbo: hai cantidade e bo prezo
01/07/2025 19:04
Recuperan a actividade en Galicia despois de tres meses de veda
Algúns barcos conseguiron o tope de capturas en moi poucas horas e fan un balance moi positivo

As familias galegas xa poden gardar as súas facturas para desgravar libros de texto
01/07/2025 18:10
A renda per cápita da unidade familiar debe estar entre 10.000 e 30.000 euros e aplicarase na próxima declaración da renda
Os contribuíntes poderán desgravar o 15 %, cun máximo de 105 euros por fillo

O Breogán sobe un 5 % o prezo do seu abono para seguir sendo competitivo
01/07/2025 17:23
O club lucense presenta a campaña 2025-26 baixo o lema “Co celeste no peito”