Publicador de contidos

Publicador de contidos

As rebaixas manteñen o efecto chamada malia a calor destes días

As rebaixas manteñen o efecto chamada malia a calor destes días

Nestas datas de inicio de rebaixas nótase un aumento de afluencia nas tendas

Para esta tempada a estimación de gasto medio en España é duns 223 euros

Rebaixas de verán
G24.gal 02/07/2025 19:49 Última actualización 02/07/2025 20:12

Ben cunha idea xa na cabeza ou sen propósito concreto, as tendas énchense estes primeiros días de rebaixas de quen busca unha ganga.

"Foi un comezo importante. Penso que é cultural, malia que hai períodos de descontos durante o ano, realmente nestas datas de inicio de rebaixas nótase un aumento de afluencia", Carlos Seijas, responsable de entretemento de El Corte Inglés de Vigo.

A calor destes días non afectou ao efecto chamada dos descontos, que nalgúns casos poden ser do 50 %. Os expertos aconsellan pensar en que necesitamos realmente antes de mercar, pero a posibilidade de dar cun choio invita a picar.

Nas rebaixas de inverno os galegos gastamos de media uns 230 euros, e para esta tempada a estimación de gasto en España é duns 223 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade