Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arrancan as rebaixas de verán

Arrancan as rebaixas de verán

As grandes marcas do sector téxtil aplican descontos xa desde a noite do martes nas aplicacións, unhas horas antes que nas webs

Nas tendas físicas as rebaixas comezan oficialmente o xoves 25 de xuño

G24.gal 23/06/2026 14:27

As clásicas rebaixas de verán comezan cada vez máis cedo. Hai marcas con descontos xa dende hai uns días, pero as grandes do sector téxtil abren hoxe a posibilidade de reservar produtos a prezo reducido. Será entre esta noite e mañá nas aplicacións e nas webs. O xoves as rebaixas chegan ás tendas. 

Quen estea pendente das rebaixas fíxase agora case máis nas pantallas do móbil que nos avisos que locen os escaparates. Oficialmente arrancan mañá, pero hai comercios que comezaron hai xa algunhas semanas.

As vendas en liña medran, e no caso de Inditex, por exemplo, supoñen o 26 por cento da facturación. Aí focaliza as promocións dirixidas á clientela máis nova. Na aplicación, por exemplo, abren as rebaixas unha hora antes que na web.

Con todo, o groso do negocio segue a estar na tenda física, a opción maioritaria dos consumidores á hora de mercar e fiscalizar o produto rebaixado. Hai quen está xa coas segundas rebaixas. E despois virán outras, para que o mercado non pare.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade