As rebaixas de verán, cada ano máis adiantadas
Hoxe empezan en case todas as tendas físicas; as webs anticipáronse, como xa empeza a ser costume
O gasto medio sitúase nos 270 euros nas canles en liña, un 3 % máis ca hai un ano
O primeiro día de rebaixas xa non é o que era. Quedan atrás os tempos das aglomeracións.
"Moito ambiente non vexo".
"Non me interesan realmente, entón non vou ir".
"Non teño pensado mercar nada".
"Non había ninguén pareceume moi raro, estranoume moito non sei se foi polo tempo".
"De momento non necesito, e non vou mercar nada", comentan na rúa.
Algunhas tendas iniciaron as promocións especiais hai unha semana, e hoxe empezan as segundas rebaixas. As grandes cadeas fixeron como xa é costume nos últimos anos. Anticipáronse nas súas webs antes de inicialas hoxe nas tendas físicas.
"Xa aproveitei para coller 4 cousiñas onte".
"Eu piquei en liña".
"Foi meterme nas páxinas web e xa estaba todo arrasado, todo o que tiña nas cestas xa esgotado en minutos entón toca recorrer a tendas físicas".
Só por Internet os españois gastarán de media 270 euros, un 3 % máis ca hai un ano. A roupa segue liderando aínda que tamén ten tirón a cosmética.
"Un pouquiño, a cosmética nunca pode faltar e a roupa tampouco".
"Cosmética vou investir bastante, pero 100 % roupa moitísimo máis, 100 %".