Centros comerciais cheos no primeiro sábado das rebaixas de xaneiro
O pequeno comercio reclama que se regularice dun xeito efectivo a data de inicio e que sexa para todos o mesmo día
Chega ao comercio galego o primeiro sábado das rebaixas de xaneiro.
Os centros comerciais e, tamén, boa parte do pequeno comercio enchéronse de xente.
Son precisamente, os pequenos comerciantes os que, maioritariamente, seguen reclamando unha maior regularización do período de rebaixas.
PIden unha data de inicio que sexa a mesma para todo o comercio, tanto o grande coma o pequeno,
"O feito de que as grandes firmas adianten a data dos descontos, vai no noso detrimento" din algúns comerciantes.
Estímase que cada galego gaste nestas datas unha media de 104 euros.
Electrodomésticos, electrónica, moda e complementos son os sectores que contan cun maior investimento.
Pero as rebaixas non só benefician aos consumidores tamén aos comerciantes agradecen os descontos.
"É unha oportunidade para desfacernos do stock", comenta Nuria Rodríguez, xerente da tenda de moda luguesa Miss Mariquita.