Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán sobe un 5 % o prezo do seu abono para seguir sendo competitivo

O Breogán sobe un 5 % o prezo do seu abono para seguir sendo competitivo

O club lucense presenta a campaña 2025-26 baixo o lema “Co celeste no peito”
 

Rio Breogran celebra a vitoria durante a liga ACB Endesa / Foto de arquivo / AFP7 / Europa Press Rio Breogran celebra a vitoria durante a liga ACB Endesa / Foto de arquivo / AFP7 / Europa Press
G24.gal 01/07/2025 17:23

O director xeral do Breogán Salva Arco presentou a nova campaña de abonados do club lucense para a tempada 2025-26, na que a principal novidade será un incremento do 5 % no prezo co obxectivo de seguir sendo competitivo na liga.

Cada ano compite nese torneo contra rivais que duplican ou triplican o orzamento do club lucense, apuntou o dirixente para xustificar o aumento de prezo.

"A pesar desa subida, seguen sendo prezos familiares que convidan aos afeccionados a acudir ao pavillón do pazo dos Deportes", segundo Arco.

O club manterá os descontos por idade (infantil, estudante, sénior e veterano) e bonificacións para fillos (7 %), parellas (16 %) e desempregados (12 %).

A campaña deste ano adopta como slogan unha frase que forma parte do himno do Breogán: "Co celeste non peito".

O lema apela ao sentimento de pertenza e orgullo de todos os afeccionados, apuntou Arco, un ex-xogador que subliñou que son 60 anos de moita loita, de moito traballo en que o Breogán mostrou ser moito máis ca un club.

A presentación tivo lugar no parque de Rosalía, un dos enclaves máis emblemáticos da cidade de Lugo, onde o director xeral do Breogán indicou que o club non poderá dar de alta novos abonados porque o curso pasado alcanzaron a cifra de 5.150 socios.

Neste sentido, apuntou que os afeccionados levarán unha grata sorpresa coa remodelación do pazo de Deportes, que ofrecerá unha experiencia renovada cun novo deseño de pista, videomarcador central, sistema de son, iluminación e climatización actualizados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade