Un libro para o verán
Hai máis tempo de lecer, máis horas de luz e, no mellor dos casos, días de vacacións
Aquí van algunhas recomendacións se aínda non teñen un título no bolso da praia
Din que un libro, é un imprescindible de verán.
"Hai moito tempo libre e hai que ler, que é cando toca".
Podemos compaxinar praia e piscina con momentos de auténtica inmersión lingüística.
"Eu ando buscando un libro de fantasía ou incluso un libro con temática policial".
Pero ás veces o máis difícil é elixir. Aquí van algunhas recomendacións en galego. Por exemplo, Detective Ferruchi, de Marta Villar. Celia Fernández é a nosa libreira de espazo lector da libraría Nobel de Ourense.
"Unha novela que é un thriller que se desenvolve nunha aldea de Galicia coa que poderiamos atopar moitas semellanzas con moitas das nosas aldeas, e imos atopar moito humor".
O albratros negro, de María Oruña, pero tamén Onde nacen as bestas, de Pedro Feijoo. Un estudo feito pola Consellería de Cultura revela que preto do 64 % dos galegos e galegas lemos na nosa lingua.
"Toda a parte dos países nórdicos paréceme que escriben moi ben, sobre todo cando falamos de temática de crime. Pero tamén hai moitos escritores galegos que tamén me gustan moito".
O verá, tamén é un momento ideal para ler poesía. Celia Fernández invítanos a coñecer este xénero.
"Por esa brevidade. Incluso dende aquí convidamos esa xente que non ten un hábito de lectura consolidado, que é unha moi boa opción para empezar neste xénero literario como é a poesía".
E outro dato. Precisamente por isto, polas recomendacións, as librarías en Galicia seguen sendo a canle elixida para mercar un libro, así o elixen o 73 % dos lectores e lectoras.