Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Feira do Libro despídese da Coruña

A Feira do Libro despídese da Coruña

A cita reuniu nos Xardíns de Méndez Núñez as propostas editoriais de máis de trinta librerías

G24.gal 10/08/2025 22:06

Por historia e por número de librerías, a Feira do Libro da Coruña é sen dúbida unha das grandes citas culturais do verán galego, unha oportunidade para redescubrir os clásicos e para achegarse as últimas novidades editoriais, en ocasións, da man dos propios autores.

Foi unha das primeiras feiras do libro para o tinerfeño Javier Cabrera Cano. A súa novela leva poucos meses nas librerías, pero xa lle está dando moitas alegrías.

"Publiqueina sen case expectativas e estou moi contento porque conseguín estar nalgunha feira do libro e está tendo moi boa acollida", comenta o escritor.

Asinou exemplares na caseta de Nélida Martínez, libreira principiante que este ano cambiou de rumbo profesional paro navegar entre letras co impulso do seu amor pola lectura. A feira foi para ela unha grande oportunidade para darse a coñecer.

En Ediciones del Viento xa contan cun público fiel. Na súa caseta, entre todas as propostas, unha obra causou sensación.

"É 'Gorriones y halcones', unha obra de Carmen Blanco centrada na historia de Galicia do século XV. Xa non queda",  comenta Antía Barral, de Ediciones del Viento

Vimos moitos lectores novos entre o público. Para a cativada a oferta foi amplísima, e moita, en galego.

"Hai compañeiros editores que fan un traballo excelente, ao mesmo nivel que o resto da literatura do Estado e mesmo a internacional. Tamén temos creadores e creadoras de primeiro nivel", asegura desde a editorial Kalandraka Xosé Pérez.

A Feira do Libro despediuse dos xardíns de Méndez Núñez, pero as casetas da Feira do Cómic xa están listas para darlle o remuda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar