Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a ponte de máis desprazamentos do ano: coidado cos incendios

Comeza a ponte de máis desprazamentos do ano: coidado cos incendios

Os carburantes están nos seus prezos máis baixos de todo o verán

directo
G24.gal 14/08/2025 11:38

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) dá comezo a partir das tres da tarde deste xoves a operación especial da ponte do 15 de agosto, na que se prevén uns 7 millóns de desprazamentos por estrada nun momento no que urxe estar informados para evitar vías cortadas por incendios.

Desde o inicio desta operación ata as doce da noite do domingo 17, Tráfico intensificará os controis de velocidade e alcoholemia durante unha fin de semana que coincide con moitas festas patronais, e pide aos condutores especial precaución nos traxectos curtos polas estradas convencionais.

A DXT lembra que nestes días de calor en que o risco de incendios é extremo é fundamental estar permanentemente informados para evitar estradas cortadas ou outras zonas que poidan estar afectadas.

Durante esta ponte, radares (fixos e móbiles), cámaras, furgonetas camufladas e helicópteros e drons vixiarán desde o aire todo tipo de vías, e instalaranse carrís adicionais e reversibles nas zonas con maior afluencia de condutores.

Estímase que a maior afluencia de desprazamentos se concentren a tarde do xoves -entre as 16:00 e as 23:00 horas- e a mañá do venres, e o domingo 17 espérase que comece o retorno daqueles que terminen os seus días de descanso, con complicacións previstas a partir das 18:00 horas.

Coidado cos incendios

Tráfico insiste na necesidade de que os condutores estean permanentemente informados para evitar estradas cortadas ou outras zonas que poidan estar afectadas nun momento especialmente complicado debido aos incendios.

Ante unha situación de corte de estrada a DXT recomenda manter a calma e seguir as recomendacións oficiais de seguridade e dos axentes na estrada, e recalca: Non tratar, "baixo ningunha circunstancia", de cruzar se o lume pasou dun lado da estrada, porque o fume pode desorientalo e intoxicalo e causar colisións con outros vehículos. Nunha situación así, o mellor é dar a volta e chamar aos servizos de Emerxencia (112).

E no caso e que se vexa bloqueado e desorientado nunha estrada no medio dun incendio, debe chamar inmediatamente a Emerxencias. 

Os carburantes, en mínimos

A boa noticia para os condutores é que o prezo dos carburantes mantivo esta semana a súa tendencia baixista, tras encadear dous descensos consecutivos, e chegar esta fin de semana do 15 de agosto rexistrando os seus mínimos no que vai de verán.  

En concreto, o prezo medio do litro de diésel cae por segunda semana seguida, tras abaratarse un 0,63 % fronte a fai sete días, situándose nos 1,423 euros de media, o seu nivel máis baixo desde finais de xuño, segundo datos do Boletín Petroleiro da UE recollidos por Europa Press.  

Pola súa banda, o prezo medio do litro de gasolina tamén rexistrou a súa segunda caída, cun descenso do 0,2% con respecto á pasada semana, ata os 1,483 euros, en niveis de mediados de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar