Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vaga de calor multiplica as vendas de ventiladores e sistemas de refrixeración

A vaga de calor multiplica as vendas de ventiladores e sistemas de refrixeración

Son o alivio máis rápido e económico cando aperta a calor

Os máis previsores instalan sistemas de climatización para usar no inverno e no verán

Son o alivio máis rápido e económico
G24.gal 08/08/2025 14:47 Última actualización 08/08/2025 17:19

Con esta calor non hai quen pare na casa. E, quen máis quen menos, ten o seu método para refrescala.

"Ventilador de enchufar e contras, estamos en Galicia non precisamos aire acondicionado".

"De noite abres a venta e baixas a persiana, así entra airiño".

"Soportalo como se pode e mellor sen contaminar tanto, hai que buscar reducir consumos".

"Eu teño ventilador de aire e ventilo de noite".

Son o alivio máis rápido e económico, por iso as vendas de ventiladores se disparan na mesma proporción que os termómetros.

"Cando van dous ou tres días seguidos de calor é de tolos, vendemos uns 60 ventiladores ao día", explica Jose Ángel Iglesias, responsable de ventilación en Star Center Santiago.

Xunto a estes remedios puntuais, cada vez son máis os galegos que apostan por instalar sistemas de climatización para usar todo o ano.

"A vantaxe é que agora a climatización leva bomba de calor e o consumo é triplo A, polo que é de moi baixo consumo e manteñen a vivenda climatizada en inverno e en verán", comenta Eduardo Cardama, responsable de climatización en Leroy Merlín.

E nisto de arrefriar estancias tamén hai outras alternativas non enchufables como cortinas, estores e teas que baixan a temperatura varios graos. 

"Este tipo de tecidos melloran o illamento térmico da vivenda sen gastar un peso en electricidade", engade o vendedor.

Métodos que, xunto á baixada de persianas e a ventilación cruzada, achegan confort aos fogares en plena vaga de calor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade