Cargando resultados...
As Rías Baixas convértense nun dos poucos oasis fronte á calor
A brisa do mar nuns casos e a brétema noutros aliviaron a sensación térmica
G24.gal
10/08/2025 19:42
As temperaturas máximas nas Rías Baixas andaron este domingo preto dos 30 graos ou mesmo os superaron, pero a zona permaneceu libre de avisos por calor.
As praias e os paseos marítimos convertéronse nun oasis fronte ao bochorno do interior da comunidade.
En Baiona, con 29 graos de máxima, moitos apreciaban o alivio térmico. Algúns recordaban iso si que xa tiveron días en que apertou a calor.
Desta volta, a brisa do mar nuns casos e a brétema noutros aliviaron a sensación térmica.
As Rías Baixas arrancan a nova semana tamén libres de avisos por calor.