Publicador de contidos

Publicador de contidos

A baixada das temperaturas axuda a frear o avance dos incendios en Galicia

A baixada das temperaturas axuda a frear o avance dos incendios en Galicia

Sete incendios continúan activos en Ourense e acumulan máis de 67.500 hectáreas queimadas, tras quedar estabilizado o de Vilardevós

No que vai de anos arderon máis de 76.500 hectáreas na nosa comunidade

Temperaturas máis suaves e humidade melloran as condicións para a extinción

directo Un voluntario realiza labores de extinción no incendio de Oímbra/Brais Lorenzo/EFE
G24.gal 20/08/2025 09:04 Última actualización 20/08/2025 09:31

Sete incendios mantéñense activos este mércores na provincia de Ourense, que suman máis de 67.500 hectáreas queimadas, despois de que os equipos de extinción lograsen estabilizar durante a noite o que afectaba a Vilardevós-Vilar de Cervos.

Permanece declarada a situación 2 a nivel provincial en Ourense, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia.

Segundo os datos divulgados pola Consellería do Medio Rural, o incendio de Larouco, o máis grande desde que hai rexistros en Galicia, mantense con máis de 20.000 hectáreas calcinadas cando se vai cumprir unha semana do seu inicio, aínda que é esperable que a cifra cambie porque está "pendente de novas medicións".

Este lume saltou o río Sil por varios puntos e pasou á provincia de Lugo a pasada fin de semana, e afecta a dez municipios.

Entre os incendios máis preocupantes están os de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso, que afectan conxuntamente a unhas 18.000 hectáreas.

Outros focos activos son os de Oímbra e Xinzo de Limia (A Granxa e Gudín), A Mezquita-A Esculqueira, Vilardevós-Moialde, e o incendio entre Carballeda de Avia e Beade que xa calcinou 4.000 hectáreas.

Tamén segue activo o lume en Carballeda de Valdeorras-Casaio. Medio Rural estima que queimou máis de 20 hectáreas, aínda que está pendente de novas medicións. Afecta a parte galega de Pena Trevinca, un espazo natural que alberga o Teixadal de Casaio, o bosque máis antigo de Galicia.

Quedou extinguido o incendio de San Cibrao das Viñas-Rante, mentres que outros seis incendios están xa estabilizados, entre eles os de Vilardevós-Vilar de Cervos, Maceda (Santiso e Castro de Escuadro), Vilardevós-Fumaces e A Trepa, Agolada-O Sexo, Riós-Trasestrada, e Montederramo-Paredes.

Ademais as autoridades dan por controlados os incendios de Cervantes-Vilarello, O Saviñao-Chave, A Fonsagrada-Monteseiro, e Muxía-Nosa Señora da O.

Durante a noite non se rexistraron novas evacuacións ou confinamentos, e todas as estradas principais están abertas.

No que vai de ano queimáronse máis de 76.500 hectáreas, segundo os datos que foi facilitando Medio Rural, que non inclúen os incendios de menos de 20 hectáreas ou que non afectan espazos protexidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos