Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan unha anciá do incendio da súa vivenda en San Xoán de Río

Rescatan unha anciá do incendio da súa vivenda en San Xoán de Río

A muller e a súa coidadora non se decataran do lume e foron os veciños os que a axudaron

As lapas deixaron moi danada a casa que fora rehabilitada hai un par de anos

G24.gal 10/10/2025 14:43

Alberto Izquierdo é bombeiro en Madrid pero está a pasar uns días en Mouruás. Foi o primeiro en decatarse do incendio e alertar os veciños. Pasaban das doce do mediodía. A súa intervención foi crucial para evitar consecuencias maiores. No interior da vivenda estaban, nese intre, unha muller de 93 e a súa coidadora, pero ningunha das dúas se dera conta do fume.

Sospeitan que o incendio podería ter a súa orixe na cheminea. A estrutura de madeira complicou os traballos de extinción nos que tamén participaron o GES de Castro Caldelas e Protección Civil de San Xoán de Río.

A vivenda, que fora rehabilitada hai un par de anos, quedou inhabitable. Ardeu a cuberta e sufriu danos importantes o primeiro andar e o baixo. Nela vivía a anciá cun fillo. O concello ofreceulles aloxamento mentres solucionan os trámites co seguro, pero por agora atópanse cuns veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade