Publicador de contidos

Publicador de contidos

A calor non dá un respiro: hai trece comunidades en aviso e as temperaturas chegaron aos 40 graos

A calor non dá un respiro: hai trece comunidades en aviso e as temperaturas chegaron aos 40 graos

Oito comunidades están en aviso laranxa e cinco en amarelo por altas temperaturas

Hai nivel vermello en zonas de Gran Canaria con temperaturas de máis de 40 graos

Este domingo a calor seguirá a apertar: un total de 44 provincias estarán novamente en aviso por altas temperaturas

G24.gal 09/08/2025 19:53

A vaga de calor non dá un respiro en boa parte de España. Despois de case unha semana de temperaturas extremas, a calor foi este sábado sufocante en moitos puntos do país, con 13 comunidades en aviso amarelo ou laranxa.

As máximas rozaron os 40 graos e as mínimas apenas baixarán dos 26 ou 28 graos en moitos puntos de España. Este sábado oito comunidades autónomas estiveron en nivel de aviso laranxa: en zonas de Andalucía, Aragón, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Estremadura, Comunidade de Madrid e en Galicia parte da provincia de Ourense.

As illas Canarias tamén teñen aviso por calor. O nivel foi vermello en zonas de Gran Canaria con temperaturas de máis de 40 graos. Este domingo, a calor seguirá a apertar, un total de 44 provincias estarán novamente en aviso por altas temperaturas.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía mantén o aviso por vaga de calor ata o xoves 14.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade