Publicador de contidos

Publicador de contidos

Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, con 125.000 oíntes diarios

Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, con 125.000 oíntes diarios

O Estudo Xeral de Medios confirma un incremento do 13,6 %, 15.000 novos oíntes, con respecto aos datos da onda anterior

G24.gal 02/07/2025 09:02 Última actualización 02/07/2025 11:18

Radio Galega medra e reforza o seu papel como emisora pública de referencia en Galicia tras os resultados da segunda onda do Estudo Xeral de Medios (EXM). A RG acada 125.000 oíntes no conxunto da semana, cun incremento do 13,64 % respecto aos datos da primeira onda publicada en abril de 2025, e segue a ser, unha onda máis, a emisora pública líder en Galicia. Así, segundo o Estudo Xeral de Medios, a Radio Galega conta con máis do dobre de oíntes que RNE, a outra emisora pública que emite na nosa comunidade.

A última onda do EXM reflicte tamén unha notoria suba de Radio Galega Música, que chega aos 31.000 oíntes de luns a venres (+63,1 %) e aos 29.000 (+52,6 %) no conxunto da semana. Así, o conxunto das emisoras da Corporación, Radio Galega e Radio Galega Música, suman 154.000 oíntes, o que supón un incremento do 19,3 % con respecto á onda anterior.

Estes resultados ratifican a confianza da cidadanía galega na oferta da Galega, que consolida o seu modelo de servizo público comprometido coa lingua, a cultura e a identidade de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade