Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha familia de Lugo denuncia agresións e ameazas por parte dos seus veciños

Unha familia de Lugo denuncia agresións e ameazas por parte dos seus veciños

A policía prendeu un dos presuntos atacantes por unha lesión con arma branca

O corte inflixido cun coitelo no brazo da vítima
G24.gal 02/07/2025 14:00

Un home bota un saco de escaiola diante do piso dunha familia residente no barrio lugués do Sagrado Corazón, segundo se pode apreciar nas imaxes gravadas pola mira da porta.

Trátase do fillo da veciña de abaixo, á que xa denunciaran por ameazas. Supostamente, esgrime ademais unha arma branca.

Volveu facelo días despois, cando presuntamente cortou cun coitelo o brazo do primoxénito dunha parella que asegura vivir un auténtico pesadelo. De feito, decidiron afastar da casa a súa filla menor de idade. 

Finalmente, a Policía detivo o presunto autor da agresión con arma branca, que se espera que pase en breve á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade