Publicador de contidos

Publicador de contidos

Agrolistik, o Uber dos tractores creado por tres galegos

Agrolistik, o Uber dos tractores creado por tres galegos

A aplicación pon en contacto os propietarios dos terreos cos tractoristas 

A idea é axilizar a contratación de traballos de limpeza, sementeira ou aplicación de fitosanitarios

 

G24.gal 02/07/2025 14:38

Iso de ter as leiras a monte, ademais de ser un perigo polos incendios, pode supoñer unha importante sanción económica. Pero atopar un tractorista libre pola zona é, as veces, unha misión complicada, da que se pode ocupar a aplicación Agrolistik.

"O  que fai é establecer un contacto directo entre particulares con leiras, tamén poden ser cooperativas ou comunidades de montes, con profesionais ou particulares con maquinaria que fagan servizos de limpeza, de poda, de sementeira, etc", explica Sergio Poza, cocreador de Agrolistik.

O funcionamento é sinxelo. Cómpre instalar no móbil a aplicación, poñer os datos do particular e da leira, o servizo que se solicita e unha oferta inicial co prezo.

"No outro lado, os autónomos ou empresas tamén se poden rexistrar dicindo o radio de actuación no que actúan e o tipo de traballos nos que están especializados".

Feita a solicitude, en cuestión de minutos, o propietario pode saber se algún tractorista, autónomo ou empresa, fixo 'match', é dicir, está interesado en facer o servizo na casa nas condicións negociadas.

"É como un Uber, ti podes valorar o servizo do tractorista con estrelas, e el a ti como cliente. Ao final saneamos o mercado, os que teñan máis estrelas son os máis fiables ou os que poden pedir prezos máis axustados".

Polo momento hai máis particulares ca tractoristas rexistrados na aplicación. Pero os pais da idea, tres mozos de Sanxenxo, confían en equilibrar a oferta e a demanda en pouco tempo, e que deixe de haber escusas para ter a terra a silvas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos