Publicador de contidos

Publicador de contidos

Regresan á vivenda da Coruña os moradores desaloxados hai un mes con máis de vinte gatos

Regresan á vivenda da Coruña os moradores desaloxados hai un mes con máis de vinte gatos

Os veciños do inmoble esixen medidas definitivas para que o problema non se descontrole

G24.gal 02/07/2025 13:48

Os veciños dun inmoble dos Mallos volven estar en tensión tras o regreso dos inquilinos do primeiro andar que a comezos de xuño foran desaloxados con máis de vinte gatos.

"Chegaron hai dous días, e díxome: 'Veño para a miña casa'". "Xa hai malos cheiros porque non ventilan", contan os veciños.

Temen que o problema se repita. "É que aí xa hai dous gatos". "Xa se nota cheiro". "Era insoportable. Cheiraba fatal, non podiamos abrir as ventás".

Porén amais dos veciños do inmoble, Isabel, propietaria do bar que hai no baixo é tamén unha gran prexudicada. Di que Sanidade obrigouna a pechar e a facer obras. "Tiña todas as paredes cheas de humidade. E agora teño o bar pechado e pago o alugueiro".

Unha desesperación que comparte tamén o propietario do piso. "Reclámanme entre 4.000 e 6.000 euros da limpeza que se fixo. Nese piso, tal e como está, non se pode vivir. Eu teño un orzamento de case trinta mil euros para arranxalo. Agora está xa todo no xulgado para poder desafiuzalos".

Con esta situación reclaman medidas definitivas. "Se teñen que vivir aí, que alguén se faga cargo da limpeza do piso". "Non estamos en contra deles, porque están enfermos e calquera pode enfermar, pero que alguén se faga cargo deles".

Porque non queren vivir de novo o pesadelo que sufriron durante seis anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade