As mellores festas e festivais para a fin de semana
O evento máis recoñecible e o Portamérica xunto ca Rapa das bestas de Sabucedo
PortAmérica, Gozo ou a Festa da Lagosta, as citas máis importantes da fin de semana
Festival PortAmérica: o festival comeza o día 3 e remata o 5 de xullo. É un festival de música e gastronomía que se celebra na Azucreira de Portas, no que actúan artistas coma Melendi, Emilia, Mikel Izal, Viva Suecia ou Ca7riel & Paco Amoroso entre outros. Na zona gastronómica atópase o ShowRocking onde os presentes poden probar as propostas de chefs coma Jordi Roca, Pepe Solla, Albert Adriá...
Rapa das bestas de Sabucedo: tradicional festa galega que se celebra os días 4, 5, 6 e 7 de xullo. O evento consiste na doma e coidado dos cabalos. Para isto, córtaselle a crin a estes animais. A de Sabucedo é a máis famosa.
XXXIII Festa da Lagosta: festa gastronómica que ten lugar na Guarda os días 4, 5 e 6 de xullo. Nela, os presentes poderán probar a langosta a prezos populares. A inauguración oficial terá lugar ás 20:30 horas deste venres. Por suposto, ademais da comida, acompañarán a festa variar orquestras e concertos coma a Agrupación Musical Da Guarda, O Sonoro Maxín ou Meigalho.
Gozo Fest 2025: festival celebrado no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, o sábado 5 e xullo, día no que actúa Maná como DJ principal, e o domingo 6 de xullo, no que o disc-jóckey principal será David Guetta. Ademais cada día atopamos máis artistas actuando xunto con cada un.
Atardecer no Gaiás: Programa cultural no que se realizan concertos todas as tardes dos xoves e venres dende o 3 de xullo ata o 21 de agosto. Daranse un total de 11citas musicais con 16 bandas entre as que están The Rapants (3 de xullo), Eris Mackenzie (4 de xullo), Dirty Suc, Melodiam e outros máis. Todos os concertos serán ao aire libre.
Asalto ao Castelo: o municipio de Vimianzo celebrará unha serie de actividades para conmemorar a que é unha das festas máis especiais da Costa da Morte. Terá lugar o 4 e o 5 de xullo. Poñeranlle música ás festas grupos e artistas coma The Rapants, Alana, Heredeiros da Crus ou Firkin.
Festa das Cereixas de Paiosaco: terá lugar os días 5 e 6 de xullo. O sábado baseárase nunha sesión vermú como principal atractivo e o domingo será a Feira das Cereixas, día no que tamén actuarán Xurxo Fernandes ou o dúo Platino.
Festas de Boiro: como cada primeiro fin de semana de xullo, o día 4 comezan as festas do Concello de Boiro, que se estenderán ata o día 9. Nestas festas celebrarase tamén o Día das Peñas o luns e ao longo da semana actuarán a Panorama, París de Noia, Orquestra New York, Marbella, DJ Matrek ou a Banda de Música de Rianxo.
Bonus Track
Jennifer López: a cantante dará un concerto en Pontevedra o próximo martes 8 de xullo, parte da súa xira 'Up All Night Live'. O concerto será no parque de Tafisa.