Descenso extraodinario das temperaturas máximas no interior do país
De rozar os 43 graos en Ourense, o máximo histórico de Galicia nun mes de xuño, a non superar hoxe os 30
Á primeira hora desta mañá varias persoas volveron botar man da chaquetiña. Levaba días gardada no armario.
De rozar os 43 graos en Ourense, o máximo histórico no país nun mes de xuño, a non superar hoxe os 30. Unha baixada brusca dos termómetros debida a unha fronte debilitada que mesmo está deixando algunhas chuvieiras. Na rúa están encantados con este fresco, din que se agradece tras cinco días seguidos de calor intenso e aproveitan para pasear.
Descenso extraordinario das temperaturas máximas, pero as mínimas en Ourense seguen roldando os 20 graos. E coa calor acumulada nas casas tras varios días, durmir segue sendo complicado.
As tendas de electrodomésticos non dan abasto, clientes a moreas, un detrás doutro, mercando ventiladores ou aires acondicionados que en moitos establecementos xa están esgotados, non hai existencia ante tal demanda.
Mañá volven subir os termómetros, pero non chegarán as temperaturas extremas destes días.