Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inestabilidade climática global desmonta parte do refraneiro que augura o tempo que virá

A inestabilidade climática global desmonta parte do refraneiro que augura o tempo que virá

Predicións artesanais ou científicas, a conclusión xeral é que non hai un sistema infalible

G24.gal 06/06/2025 14:31

A inestabilidade climática está desmontando, en liñas xerais, o refraneiro popular que augura o tempo que virá, pero, malia que o cambio no tempo a nivel global é evidente, hai refráns climáticos que, por xerais, si que se cumpren. 

Evitar, librarnos de padecer fenómenos meteorolóxicos adversos é algo que a humanidade leva tentando facer desde  sempre, en todas partes. Predicir, saber o tempo que virá leva ciencia pero, tamén, a experiencia de séculos, axuda ás predicións: Falamos dos refraneiros vencellados coa meteoroloxía. Tendo en conta o cambio climático... Funcionan os refráns?

Vale, si,  estámolo comprobando, frío na primavera, en maio. E... ano de neves, ano de bens? segue sendo fiable?

Conta Juan Taboada, de MeteoGalicia, que agora a neve non é tan abundante como en tempos e que, en consecuencia, ese refrán xa non tería moito sentido agora mesmo.

Predicións artesanais ou científicas, a conclusión xeral é que non hai un sistema infalible. Ou si, un refrán, moi galego, que vai máis aló da predición: se chove, que chova. Augura que acabará escampando. Seguro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar